Domingo 10 marzo de 2002 • 21:30 h Música | 4,00 €

Alcohol Jazz (Jazz Funk / Madrid)

Inspirados na música das series policiacas dos anos setenta (Starsky & Hutch, Hawaii 50, Los Ángeles de Charlie, etc) fan do alcohol e os clubes nocturnos unha auténtica amalgama reservada só para os noctámbulos máis freaks. Órganos Hammond, guitarras trepidantes, cálidos ventos e ritmos con garra conforman o cocktail perfecto que fará mover o esqueleto a todas as pistas de baile da xeografía peninsular e parte do estranxeiro.

Visita a web de Alcohol Jazz