Domingo 12 marzo de 2006 • 21:30 h Música | 5,00 €

Liorna (Folc / O Morrazo)

Logo de case 5 anos de silencio discográfico, que non artístico, Liorna responde á chamada da materialización da súa obra ofrecendo un novo proxecto elaborado con 14 temas de autoría propia, onde unha vez máis conflúen distintos matices e frecuencias que definen o estilo ecléctico do seu repertorio.

Así, as esencias tradicionais desenvólvense entre acenos pop e brillos clásicos, que conforman un son propio e característico e revelan unha vez máis a sincera expresión dos seus membros e das distintas procedencias artísticas.

É destacable a selección de temas nos que dominan as creacións vocais (9) sobre as puramente instrumentais (5), nunha clara e patente necesidade de transmitir conceptos e ideas, o que obriga tamén a e reconsiderar o feito compositivo, pois a voz convértese nun dos instrumentos máis presentes.

Compoñentes

  • Alberto Lago: gaita, frauta, sintetizador, piano, mandolina e acordeón.
  • Seso Durán: guitarra acústica e eléctrica, coros.
  • Montse Ogando: voz, piano e coros.
  • Benito Sánchez: baixo eléctrico.
  • Carlos Lago: batería e percusión.
  • Luis Lago: percusións e trompa do Tibet.
  • Begoña David: voz, coros e pandeireta tradicional.

Visita a web de Liorna