Domingo 19 febreiro de 2006 • 21:30 h Música | 5,00 €

Bueyes Perdidos (Rock & Roll / Madrid)

Compoñentes

  • Guillermo Silveti: guitarra e voz principal
  • Gonzalo Martín: baixo e voz
  • Gabriel Planas: batería e voz
  • Luis Fuente: guitarra

Biografía

O proxecto comezou o 28 abril do 2000 no Café La Palma (Madrid). Nese momento o grupo chamábase Los Victoriosos Perdedores. A partir desta data (xa rebautizados coma Bueyes Perdidos) realizan concertos todos os meses en Madrid. O verán de xullo e agosto do mesmo ano Guillermo instálase en Málaga por dous meses. Continúan as actuacións entre Málaga e Benalmádena.

As letras das cancións son de bastante importancia, xa que cre que non se pode subir a un escenario sen ter a idea de dicir algo que faga cuestionar certos valores humanos. Mentres os Bueyes seguen presentándose en Madrid e arredores, Guillermo encárgase de difundir a proposta tocando nos vagóns do metro de Madrid (de 2000 a 2003), como na época do impresionismo os pintores saían retratar o que miraban. Así os concertos foron promocionados deste modo “directo ao consumidor”, repartindo octavillas dos concertos (tamén realizando actuacións desde os medios de prensa posibles: Radio 3, Localia TV, Telemadrid Radio, espazos en internet, periódicos e revistas entendidas, etc).

Os concertos dados ata hoxe superaron as 100 actuacións, entre Madrid e provincias de fóra. Podemos nomear as salas máis destacadas: El Sol, Moby Dick, Siroco, Gruta 77, Honky tonk, Chesterfield Café, La boca del Lobo, Hebe, etc, e no certame Villa de Madrid 2003. Neste ano o grupo chega a tocar para 8000 persoas levando o terceiro premio do concurso e compartindo escenario con Mikel Erentxun, La Cabra mecánica e Seguridad Social.

Comentario

O estilo musical e conceptual da banda sempre se fixou en artistas como The Beatles, Rolling Stones, Dylan, The Band, Byrds, etc. Pero por outra parte o seu cantante é arxentino e son indubidables as influencias de artistas de alí como Charly Garcia, Moris, Spinetta, Calamaro, etc.

Visita a web de Bueyes Perdidos