Domingo 21 abril de 2002 • 21:30 h Música | 3,50 €
Tumbling Dice (Rock & Roll / Vilagarcía)
Esta banda de rock & roll vilagarciana comezou a súa andaina en 1996 cunha serie de concertos na comarca do Salnés nos que combinaban temas propios con versións de clásicos coma Rolling Stones, AC/DC ou The Who. En 1998 autoeditaron un disco con nove temas propios, do que chegaron a vender 1500 copias pese á falta de apoio discográfico e institucional.
Nestes seis anos, Tumbling Dice fixo varias actuacións nos programas de televisión Que Serán e Chambo, e compartiu escenario con Barón Rojo, Los Enemigos e Sugarless.
O grupo prepara agora un novo CD con temas inéditos, tamén editado de maneira independente.