Domingo 12 maio de 2002 • 21:30 h Música | 5,00 €
Boikot (Punk rock / Madrid), Putamiseria (Punk rock / Teis-Vigo)
Falar de Boikot é falar dunha das bandas máis representativas do panorama musical actual de rock no Estado. Formados en 1987, ó longo deste tempo o grupo editou 9 discos, un libro-vídeo e mesmo creou o seu propio selo, Producciones BKT.
No seu último traballo, De espaldas al mundo, Boikot desenvolve un ritmo frenético, con grandes riffs guitarreiros, melodías traballadas e un son de batería que é unha auténtica apisonadora.
Putamiseria ten un estilo propio, facendo unha mestura entre punkrock, ska, heavy… cun son de batería moi potente. O que máis caracteriza ó grupo é a provocación, algo que se lle dá bastante ben. Un grupo sen pelos na lingua, atacando o fascismo, a igrexa, os políticos, a policia, aos sindicatos, as ETTs…
Un grupo diferente ós outros, sobre todo en directo, polo seu espectáculo de teatro, con disfraces vacilóns e provocadores. Sobre todo moito humor con mala ostia.