Mércores 1 maio de 2002 • 21:30 h Música | ANT: 5,00 € / BILL. 6,00 €:
Cheb Balowski (Mestizo / Barcelona)
A banda barcelonesa Cheb Balowski estará este próximo 1 de maio no Aturuxo presentando o seu primeiro traballo, Bartzeloona, un total de 12 cancións gravadas durante o mes de xullo nos estudios Katarain de Nafarroa, baixo a dirección técnica de Ángel Katarain e a producción de Íñigo Muguruza (ex compoñente de Kortatu, Negu Gorriak e Joxe Ripiau, e actualmente no grupo Sagarroi).
Variedade estilística baixo unha visión mediterránea de ritmos e maneiras de entender a vida: mestizaxe musica a base de ragga, salsa, ska, rap, raï, patxanga…, letra comprometida e costumista en catalán, árabe, francés e castelán, xove espiritualidade e regusto que permite viaxar de Alxer a Marsella pasando por Sicilia, e ó volver a Barcelona preguntar se a banda sonora era de Manu Chao, Dusminguet ou Cheb Khaled.
Cheb Balowski son:
- Yacine Belahcene Benet: voz, karkabús e bendir
- Dani Clavera Fontquerni: batería
- Santi Eizaguirre Anglada: guitarra e coros
- Jordi Ferrer Savall Tito: trompeta e coros
- Isaac García Sánchez Agüelo: congas, bongó e darbuka
- Jordi Marfà Vives Marfi: violín, voces e coros
- Marc Llobera Escorça: baixo
- Arnau Oliveres Künzi: pailes, campás, guache e flaga
- Daniel Pitarch Fernández: piano e teclados
- Marcel Pié Barba: saxo alto, voz e coros
- Xavi Requejo Colomer Reke: guitarra
- Isa Vinardell Fleck: bailaora, voz e coros á Paloma