Domingo 16 xuño de 2002 • 21:30 h Música | 4,00 €
Paraphernalia (Rock / Madrid)
Paraphernalia é un grupo de rock xurdido entre o aluvión de tendencias dispersas que alimentan a música pop do século XXI.
Reunidos durante o ano 2001 despois da escisión de Marisco Mooon e contando coa base rítmica do que foi Gabinete Caligari, os seus compoñentes son:
- Olivia Anneren: voz
- César Cortijo: guitarra eléctrica
- Ferni Presas: baixo, e
- Edi Clavo: batería
Nesta formación conxúgase a solidez incuestionable de Ferni Presas e Edi Clavo aportando unha bagaxe cimentada no rock que, sumada á súa experiencia tanto en directo coma nos estudios de gravación, serve para potenciar a guitarra incendiaria e debedora dun revisitado New York Sound a cargo de César Cortijo.
Todo isto queda engarzado na voz profunda e novísima de Olivia Anneren, madrileña de orixe sueca, proxectando a frescura, a rabia e o descaro da súa xuventude insultante.