Domingo 5 outubro de 2003 • 22:00 h Música | Prezo por determinar

Edu Bighands (Blues / Madrid)

Edu Bighands é un guitarrista e cantante de blues cunha proxección internacional

impresionante. É un estudioso e gran coñecedor do xénero, dende o seu estilo máis antigo e rural

(guitarra acústica e en solitario) ata o blues eléctrico. Acompañado da súa banda, Whiskey

Tren, fará as delicias de todo o público.

En 1999 gravou o seu primeiro mini CD, We love the life we live (Gaztelupeko Hotsak) e en 2002 gravou o seu primeiro disco xunto a Whiskey Tren, Beethoven Hot Sessions Vol. 1 (Guindilla Records).

Cómpre facer mención da súa presencia nos festivais de blues de Córdoba e Algeciras en 2001, e Antequera (Málaga), Reus (Tarragona), Cazorla (Jaén) e Cerdanyola (Barcelona) en 2002, compartindo cartel con artistas da talla de Skeeter Brandon, John Primer e Raimundo Amador.

Compoñentes md5-13f7287b018156a41277189d4ea59b95

Visita a web de Edu Bighands