Domingo 7 abril de 2002 • 21:30 h Música | 4,00 €

Total Cannabis Addiction (Metal Rock / Elche), Cormorant (Rock alternativo)

Tras cambiar de formación e incorporar novos músicos, TCA prepárase para afrontar o seu futuro removendo conciencias e dispostas a estremecer o público. A banda acaba de presentar o seu segundo traballo, Sin opción. O álbum preséntase cunha extensa gama de estilos musicais que abarcan dende o rock ata o metal, tremendas liñas de baixo, trepidantes cambios de voz e unhas guitarras capaces de transportarte cara ós mellores riffs dos últimos anos.

Despois de pasar polo metal, trash, progresivo e nu-metal, Cormorant móvese nestes momentos polos camiños do rock alternativo, combinando potencia e melodía cunhas letras moi traballadas e moi persoais abertas a múltiples interpretacións. Isto reflíctese á perfección no seu segundo disco Expansión, sobre todo en cancións coma Fisura, Hoy ou Laberinto de ficción. O grupo tamén se atreve a explorar diversos estilos, como ocorre en Quimera ou Expansión. Así mesmo, non falta un certo toque de novo metal en Animal.

Visita a web de Total Cannabis Addiction

Visita a web de Cormorant