Sábado 12 setembro de 2009 • 23:00 h Música | Entrada gratuíta
Zora Gabbara (Ribadeo)
Aforo limitado. Actuación incluída no programa do 2º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu.
Zora Gabbara nace como grupo no ano 2007 en Ribadeo (Lugo), cando Héctor Peña e Miguel Anxo Fernández cantante e baixista respectivamente do grupo de hard rock Beetle Judge, deciden comezar unha nova aventura en formato acústico. No 2008 gravaron o seu primeiro EP Songs For Jubal con 5 temas a ritmo de rock, folk, e incluso algunhas sorpresas a ritmo de vals. Agora presentan este EP en vivo en todas as salas de concertos posibles.