Xoves 22 xuño de 2006 • 22:00 h Música | Entrada gratuíta
Alegales (Rock and roll)
Concerto de remate da tempada musical.
Alegales é o resultado dunha noite de inverno sentado a carón dunha pequena estufa de leña e dun barril de bo albariño. Despois dunha longa, dura e tensa negociación, barallando as múltiples e individuais afeccións músicosexuais de cada membro do grupo, e tras varias xerras daquel licor digno dun emperador romano, comezamos a divagar nas nosas proezas cirquense-musicais tales como:
Alguén decía facer un FolkiCeltaRappAfrovisigodo, logo anotouse que sería máis acertado un JazzFusion Carpetovetónico, e as xerras seguían caíndo; o último foi un SkaMedieval en Italiano, e a cousa como que non.
Naquel preciso instante desde un rincón daquel escuro antro tras a tenúe luz dunha vela surxeu unha voz con certo ton aguardentoso:
— “Faredes música de corpo presente”
De súpeto unha forte luz invadiu aquela oscura bodega, tras ela emerxeu unha cálida imaxe que desprendía un ton de bondade, un semiton de dulzura e un sostenido rostro anxelical. Sobre a súa cabeza unha brillante e resplandecente aureola non deixaba mirar nin tamaño nin cor do seu cabelo, pero:
— ¡Recoñecémolo, era el,! O Maestro
Atómitos e cegos por aquela luz, xeonllo en terra, izamos as nosas copas e brindamos longa vida ao rei, Deus garde a súa maxestade Jorge I de Asturias.
De novo fíxose soar aquela antiga voz aguardentosa que exclamou:
— Moziños lembrade sempre unha cousa: máis vale un asturiano versionado que cento dos teus propios desafinado.
Así comenzou a coller forma o noso pequeno santuario, no cal ríndese culto ao inmaculado e excelentísimo S. Jorge M.*. A raíz desta inusual aparición decidimos nunca máis celebrar o día de Sta. Cecilia, nin identificarnos cos seus intelectos fregueses.
Isto é Alegales, simplemente un exercicio de arrogancia pensado para vós e lembrade unha frase que un día dixo un bo tipo:
—Sin vosotros, no hay cantante ni canción.
Alegales componse de:
- un que canta
- outro que toca a batería
- aquel guitarra
- e ese baixo.
E todo aquel que saiba os temas e venere o Maestro Jorge Martínez*
(*) Jorge Martínez vocalista do grupo asturiano Los Ilegales.