Domingo 6 xullo de 2003 • 21:00 h Música | 4,00 €

UHP Fest 2003: Tolemia (Vigo), Madame Germen (A Coruña), The Mow Full in Version (O Morrazo), A.S.K.O. (O Morrazo)

Concerto-presentación do fanzine de UHP Distro Puercoespín Zine.

Os asistentes recibirán coma agasallo unha copia do fanzine.

UHP distro… ¿que é?

Unha pantasma, a pantasma da monotonía, ameaza as nosas vidas, tratando de que estemos impasibles, sen movementos… agonizando na tranquilidade do non pensar… do non cuestionar…

UHP distro xurdiu un pouco a consecuencia deste ata que que sufrimos todos/as o noso ollo critico, para anulalo… naceu coma unhas poucas follas cheas de detalles dunha vida chea de crítica… e con algo da música que me facía pensar… pouco a pouco foi crecendo a idea de que igoal que podía editar unha revistiña, podía editar un cd… un vinilo, ou unha cinta… non hai límites, e iso si, non perder excesivos cartos… e así foi como naceu UHP distro, como forma de editar material e de mover o material que outra xente en calquer punto do mundo edita, coa mesma ilusion coa que nós o facemos..

Todo isto sen esquecer, que formamos parte dunha opcion politica, da negacion de que só servimos para producir… pezas dun engranaxe… somos de ideas libertarias e esas ideas estan no concepto do noso traballo e da forma de entendelo…

¿Por que este concerto? Este concerto servirá para dar unha visión á xente de que calquera pode facer o que facemos nós, e incluso melloralo… calquera… con ilusións e un pouco de sentimento…

Mostrar que hai outras alternativas no mundo musical e en definitiva editorial ás tendas capitalistas… iso é o que pretendemos hoxe…

Quen queira saber algo máis: www.uhpdistro.tk.

Visita a web de Tolemia

Visita a web de Madame Germen

Visita a web de The Mow Full in Version

Visita a web de A.S.K.O.