Domingo 21 maio de 2006 • 21:30 h Música | 5,00 €
Phantom Club (Rock & roll)
Formada no veran do 2002, a banda percorre os camiños do rock e do funky da man de músicos nados en Tui, Vigo e en Bos Aires. O repertorio inclúe algunhas versións, así como tamén temas propios intrumentais e con letras en castelán. O estilo e o gusto musical de Phantom, xunto coa forza escénica dos seus músicos, fan que a banda chegue o público fácilmente. Entón hai conexión, e o show convértese en festa.
O grupo realizou xa máis de 70 concertos por toda Pontevedra, pasanto por discotecas, pubs, festas universitarias e populares, destacando entre as funcións máis importantes o Festival Santacabirra 2003 na Universidade de Pontevedra, concertos na Sala Metropol de Tui, Festival Miño Music 2004, o Festival Rocha Rock de Caldelas, Sala Anoeta de Vigo, Reserva Rock, La Fábrica de Chocolate e en distintas salas da Coruña, Ourense, Lugo e Compostela.
A banda ubícase tamén desde setembro do 2004 entre os catro primeiros postos do ranking Maketón Estrella Galicia da emisora 40 Principales Vigo, quedando seleccionada entre as 12 mellores bandas do ano, que se inclúen no disco anual do Maketón, con máis de tres mil copias repartidas por toda Galiza.