Domingo 14 abril de 2002 • 21:30 h Música | 3,50 €
Marf (Hardcore melódico / A Coruña), Cube (Rock metal / O Porriño)
Cube realiza unha mestura de rock e metal, apostando por bases rítmicas contundentes en consonancia cunha melodía predominante ó longo da práctica totalidade dos temas, pero afastándose, sen menosprezalo, do nu-metal e cousas parecidas. Cube opta máis polo rock clásico pero deixando concesións ós novos tempos que corren, por iso basea os seus temas na espontaneidade e plasticidade, bebendo de todo tipo de influencias e estilos.
Cun estilo moi persoal que eles prefiren simplificar en hardcore melódico, Marf expoñen no seu traballo Donde ríe el sol problemas e solucións, sentimentos tristes e alegres, expresados de maneira crúa, transparente e original, tanto é así que xa están influenciando a xente cos seus ritmos e ideas. As súas influencias son grupos de hardcore melódico, non melódico, punk… son influencias que se deixan ver nas gravacións e concertos desta banda que ten coma filosofía o bo humor.