Domingo 3 maio de 2009 • 21:00 h Música | 6,00 €

Lisandro Aristimuño (Indie / Arxentina)

Rede Galega de Música ao Vivo

Lisandro Aristimuño presentouse en España durante o 2008 en set acústico na sala Búho Real con invitados coma Jorge Drexler, Quique González ou Xoel López.

Coa súa guitarra e a súa pedaleira consegue elaborar, melodía tras melodía, as cancións dos seus tres discos cunha sutileza difícil de comprender ao comprobar que só se presenta unha persoa no escenario.

As bases rítmicas, os coros, as guitarras superpostas unha tras outra van configurando cada canción transformando cada concerto nunha experiencia única.

Recibiu o premio Clarin artista revelación 2008.

Visita a web de Lisandro Aristimuño