Domingo 26 novembro de 2006 • 21:30 h Música | 5,00 €

Ocean's Garden (Lugo)

Ocean's Garden foi formado por varios músicos lucenses como un proxecto innovador cuxo obxectivo era fusionar o rock clásico e a música progresiva dentro dun marco sonoro dominado polas novas tendencias.

Despois de catro anos de evolución forzada en salas e festivais presentan en Bueu un adianto dun novo traballo que logo sairá a rúa: Timeflexia. Unha volta o rock sen esquencer os matices progresivos que lles confiren un estilo propio alonxado de convencionalismos e etiquetas.

O grupo está formado por: Toni Liz (guitarra), Óscar Liz (baixo), Iván Reija (batería), Nuno A. Novo (percusión), Adrián Arias (piano) e Abel Mouriño (voces).

Visita a web de Ocean’s Garden