Venres 29 febreiro de 2008 • 22:30 h Música | 4,00 €

Víctor Mariñas (Canción de autor / Extremadura)

Autor das súas propias cancións, leva actuando máis de 15 anos entre Madrid e a súa Extremadura natal. No 92 gañou o concurso de Canción de Autor de Extremadura e 2 anos máis tarde, editou o seu primeiro traballo discográfico, que foi unha adaptación musical dos Sonetos de Amor de Antonio Gala, que alcanzou gran éxito en 1997. Actualmente exerce como mestre de guitarra e linguaxe musical en Extremadura. Nunca deixou de compoñer e interpretar os seus temas. Agora presentános o seu último traballo, editado por Factoría de Autor e titulado Óyeme

Este concerto forma parte do programa Artistas en Ruta da AIE.

Visita a web de Víctor Mariñas