Xoves 1 maio de 2003 • 21:00 h Música | Entrada gratuíta
Jarbanzo Negro
Chegan de novo o JARBANZO NEGRO despois de facer unha xira que os levou a paises como Holanda, Alemaña ou Bélxica. Agora van dar unha viaxe por terras galegas donde o día 1 de Maio volverán subir ó escenario do Aturuxo.
As orixes do grupo hai que buscalas no final dos anos oitenta e principios dos noventa, nunha banda chamada Os Vergalhudos que foi un dos primeiros grupos en misturar rock, punk con música típica galega. Logo chegou a busca de novas experiencias , e con elo a emigración, pasando a entrar xente de A Coruña, Cáceres, Francfort e Hamburgo
Dende o comenzo tocaron tanto na rúa como en festivais de folc ou rock, así como en teatros e locais de música en vivo, que os levaron a xirar por viaxes tan lonxanas coma Moscú, Grozny ou Sarajevo, por poñer algún exemplo. Con esta formación gravaron o seu disco Terra without Grenzen (Terra sen fronteiras). Máis adiante vén o segundo traballo Buscavidas no que entra a formar parte o gaiteiro Xan, e contou coas colaboracións de Óscar Fernández (Os Cempés) Xurxo Souto (Diplomáticos de Monte Alto) ou Kaki Arkarazo (ex-Kortatu) Xa no ano 2002 foi definitivo para a formación, tocando nun montón de festivais por todo o mundo.
Concerto organizado pola Agrupación local do BNG de Bueu.