Domingo 16 marzo de 2003 • 21:30 h Música | 6,00 €
Yoghourt Daze (Rock), Norwich (Metal contemporáneo)
Yoghourt Daze
Veñen presentar o seu traballo Icarus: slave or free. Formáronse no ano 93, emigrando ata inglaterra onde pasaron 3 anos de enriquecedoras experiencias (Londres, Brighton…) tocando en numerosos concertos por terras inglesas.
No ano 98 editan o seu primeiro traballo. posteriormente fichan por Loli Jackson (selo de Dover), xa no 2001 editan You’re the best presentándonos un traballo máis directo, situándose a voz e a súa melodía como referente continuo, cancións directas e moita adrenalina, acadando con este disco a consagración definitiva como unha das mellores bandas do rock do momento.
Actualmente Icarus é un proxecto conceptual que se compón de dous discos. Yoghourt Daze tocaron nos escenarios de Doctor Music, Festimad,etc…
Compoñentes: Dan de las Heras(voz e guitarra), Jordi Tello (baixo) e Víctor Toribio (batería).
Norwich
Finalmente, tras presentar o seu primeiro LP (In alma, 2002) da man de Zero Records por toda a xeografía do Estado, chegou o momento de facelo no Aturuxo.
Norwich é unha proposta de metal contemporáneo, que fai as delicias dun público en busca de aire fresco dentro dun estilo tan abonado coma este… non en van as críticas de todo o país aválano, con esperanzas dunha nova etapa dentro dos sons máis duros.
Música e imaxes nun mesmo directo que se buscas algo novo non podes perder. Norwich participou no festival Viñarock deste ano.