Domingo 30 marzo de 2003 • 21:30 h Música | 5,00 €

Obrint Pas (Ska-Rock-Fusión / País Valencià)

A sua andaina comenza no ano 93, dende aquela comenzan a incursión na música cunha serie de traballos, colaboración en recopilatorios, e actuacions en prazas, salas, etc.

Obrint Pas foise convertendo nun dos grupos mais populares do País Valencià cos seus innumerables concertos e o atractivo da súa música. Avanzando polo novos camiños da variedade e sons actuais con música tradicional.

A traxectoria de Obrint Pas (3 cds publicados) sempre foi a dun grupo comprometido e crítico no seu propio contorno. As súas letras en català xunto cos ritmos subversivos integran solvencia nas tradicións e cultura popular.

Ritmos simpáticos, forza eléctrica e pinceladas melódicas despertan a parte mais sensible da consciencia nacional.

No disco que veñen presentar, Terra, editado por Propaganda pel Fet, descobren o carácter xenuíno e contestatario da súa formación, a visión da dignidade, solidariedade, loita, paisaxe, cultura, sentimento… Sexan benvido/as.

Compoñentes

  • Xavi Sarriá: guitarra e voz
  • Josep Pitarch: baixo
  • Marc Guardiola: bateria
  • Robert Fernández: guitarra
  • Miquel Ramos: teclado e voz
  • Miquel Girones: dolçaina, gralla, percusión e voces

Este concerto está incluído no programa Artistas en Ruta da AIE.

Visita a web de Obrint Pas