Domingo 22 xuño de 2003 • 22:00 h Música | 4,00 €
Ultracuerpos (Rock & Roll / A Coruña)
Imaxínate a Elvis, Fred Sonic Smith, Keith Moon, Phil Lynnott e Carl Perkins en plena jama na cociña do inferno no que están metidos. Facerte unha idea de semellante bola de lume podería asomarte ó son que dende os seus primeiros días pretenden Ultracuerpos e que día a día, sorprendentemente, van conseguindo.
Olvídate da etiqueta de high-energy que se lles colgou moitas veces e que hoxe en día úsase para empaquetar a calquera banda de guitarras. Por suposto que Ultracuerpos desprenden alta enerxía, pero de forma na que se desprendía das guitarras de Link Wray, Ron Asheton ou Duane Eddy, da gorxa de Otis Redding, Mitch Ryder ou dos discos de Booket T & The Mg’s. Enerxía bruta que pouco ten que ver con toda esa pandilla de bandas saturadas que nos venden na actualidade e que non miran máis alá de catro riffs e unha montaña de rimmel.
Ultracuerpos non chegaron para salvar o mundo nin moito menos o rock & roll, pero son unha banda de verdade capaz de parir verdadeiro e daniño rock & roll e de defender sobre un escenario a actitude que no seu día mostraban Jerry Lee ou Iggy, a base de puro auténtico ruído.
Formados hai menos dun ano por ex-compoñentes de algunhas das bandas que puseron A Coruña no mapa rockeiro do Estado, Ultracuerpos son:
- Álvaro Dorda: voz
- Mikelini Martínez: baixo
- Kiko The Jams: guitarra e coros
- Ramone Ramón:guitarra
- Óscar Caramés: batería
¿Que vos falemos sobre o seu pasado? ¡A quen lle importa!… Ultracuerpos son o futuro e o futuro xa está aquí. Proba co seu Plan 9 from outer space (El Beasto Records) e logo intenta non perdelos en directo. Non importa que nin sequera che guste o rock & roll, Ultracuerpos son un desprendemento de enerxía en estado puro