Venres 27 xuño de 2008 • 22:30 h Música | 4,00 €

Bukowski Blues Trio? (Soul, funk, blues, rock / Galiza)

Actualmente Bukowski Trío? preséntase como cuarteto: batería, baixo, guitarra e harmónica. Ofrece un directo diferente, divertido e contundente en que caben tanto versións de clásicos do blues como temas propios. O repertorio inclúe versión libres e moi persoais de Hendrix, Cream, Stevie Ray Vaughan, Ray Charles… O gusto polo rock, o funk e o blues queda patente nas actuacións de Bukowski Trío? ante as que ninguén permanece indiferente. A diversión e o baile están sempre presentes. Neste momento a banda atópase nun proceso de gravación de novos temas propios, que verán a luz no outono, en que se pode ver a evolución da banda, que, sen perder a súa identidade, vai derivando cara a un estilo un pouco máis funky.

Rede Galega de Música ao Vivo

Visita a web de Bukowski Blues Trio?