Domingo 29 xuño de 2008 • 22:00 h Música | 3,00 €

FainoTi (Bueu)

FainoTi naceu para combater os cánones a seguir, por iso non é doado asignarlle unha etiqueta á súa música. Os ritmos van dende o ska, pasando por rock ou reggae que incitan a moverse, ata unha bossa o unha balada que se pode escoitar tomando unha copa na barra.

Tras a diversión de FainoTi, hai un traballo e un empeño en saír adiante, en evolucionar e mellorar sempre, co fin de que tanto os que están enriba do escenario como abaixo o pasen ben.

Veñen a presentar “Con un nudo en la garganta”, o seu primeiro EP, composto polos 6 temas máis característicos do seu repertorio.

Visita a web de FainoTi