Domingo 1 xuño de 2008 • 21:30 h Música | 5,00 €

Murmura (Pop, electrónica / Vigo)

Murmura comenza a voar en Xaneiro do 2007, despoís de medrar durante dous anos na casa de Bruno, tamén chamada Brunei. Para impulsala nos seus voos xúntase un grupo de oxíxeno-hidroxeneradores amigos de Bruno: Emma, Iago e Marcos.

Entre os catro deciden que o primeiro voo da Murmura terá como misión a de arriar pequenos fonógrafos con paracaídas sobre a praia. En moi pouco tempo cancións como Siebenland ou Heliocentric convértense en clásicos entre os crustáceos da costa atlántica. O grupo, moi satisfeito co resultado, decide, o seguinte paso será chegar tamén aos humanos.

Visita a web de Murmura