Venres 13 xuño de 2008 • 22:30 h Música | 4,00 €

Pepa & Davide + Madame Cell (Glam-electro-trad / Galiza / Galiza)

Dos creadores de Cabaret D’aquí… Dúas voces temperamentais que seguen un camiño paralelo: a beleza, Un obxectivo diferente ao que nos teñen acostumados con “Unha noite no muíño…”: o fin agora mesmo? Bailar, os medios póñenos eles. Partindo dunha melodía que escoitaron nun bar, dunha vella copla, dun vinilo raiado dun faiado, revolven outra vez no saber popular, rural pero urbano en definitiva, séguenlle o rastro ata facelo evoluír de xeito natural e chegar a un son de hoxe, á vangarda. Somos novos e iso hai que festexalo. Esta nova viaxe empréndena cun vello acompañante: Madame Cell dende o piano ata as programacións electronicas.

Rede Galega de Música ao Vivo

Visita a web de Pepa & Davide + Madame Cell