Domingo 15 xuño de 2008 • 21:30 h Música | 5,00 €
The Turres Band (Ska música balcánica e versións de BSO / Galiza)
A Turres Band, hoxe en día, pódese dicir que é un dos poucos grupos instrumentais non folk que existen en Galicia, cunha formación parecida á das fanfarras dos países balcánicos. Os ritmos do grupo destacan pola frescura e innovacion que supón esta mestura entre ventos e percusión e a flexibilidade que dan estes instrumentos á hora de facer festa.