Domingo 22 xuño de 2008 • 21:30 h Música | ANT: 10,00 € / BILL. 12,00 €:

Xhelazz (Rap, hip-hop / Zaragoza)

Entradas anticipadas á venda en Tenda Tipo (Pontevedra), Ambigú (Cangas) e no mesmo Aturuxo.

Xhelazz é Mario Celimendiz, Mc zaragozano que se presenta co LP “El soñador elegido”. Aínda que este é o seu primeiro disco en solitario, moitos xa o coñecen por formar parte da xira de Violadores del Verso “Vivir para contarlo”.

Directo, sen concesións, sen respiro, cada rima esconde algo ou moito, ou mesmo demasiado. Os seus versos non fuxen nin do contido social nin do máis íntimo. O seu estilo é o das verdade coma puños, aínda que eses puños o golpeen a un mesmo.

Visita a web de Xhelazz