Domingo 2 marzo de 2003 • 21:30 h Música | 4,00 €
Lamatumbá (Ourense)
Lamatumbá nace na primavera do 98. Formado inicialmente por un grupo de cinco amigos, medra ata se converter na formación actual de once membros: Chichias á batería, Potón ó baixo, Ico á voz, Cris ó acordeón, Samuel á trompeta, Abraham á guitarra, Ángel ó clarinete e gaita, Toño Moucho á guitarra, Puncha á percusión e coa colaboración de Sopi ó saxo e Manoliño ás congas.
Entre febreiro e marzo de 2001 gravan o seu único disco Pachangüilanuí, do que se extraeu a banda sonora orixinal para a serie da TVG Terra de Miranda.
Lamatumbá é membro fundador da Asociación de Músicos en Lingua Galega (AMELGA). Conta cunha traxectoria de máis de 50 concertos en Galicia e Madrid, compartindo escenario con grupos coma Manu Chao, Hechos Contra el Decoro, Mau Mau, Nilo Mc, Os Cempés, Radio Rahim, Ruxe Ruxe, Escacha, Alberto Mbundi e a Turma Angologalega e Jarbanzo Negro.
O grupo fai música de festa, do principio á fin os seus concertos son para bailar pasodobres agarraos, reggaes universais, repentinos skas, rumbas quentes ou batucadas colectivas. Onde está Lamatumbá está a verbena da boa, a de sempre.