Domingo 9 marzo de 2003 • 21:30 h Música | 4,50 €
Dean Street Jazz Quartet (Jazz / Barcelona)
Este cuarteto, que xa nos visitou en decembro de 2001, formouse en 1999. Está baseado principalmente na estética do Hard Bop, aínda que cunha notable intención de actualidade nos seus sons.
A orixe desta fusión comeza en Brooklyn (Nova York), na rúa Dean (de aí o nome da banda), onde se celebraba unha das máis divertidas jam sessions da cidade, e tamén onde vivían os fundadores deste grupo. Máis tarde conseguen plasmar estas experiencias co grupo Dean Street Jazz Quartet, que xa gravou dous álbumes, Nicolandia (1999) e Y Se Fue… (20001). Ademais, tocaron no festival de jazz de Galapagar (2000) coma teloneiros de Elvin Jones, no festival de jazz de Ciutat Vella de Barcelona (2000), e en clubes de jazz por toda a península.