Domingo 26 xaneiro de 2003 • 21:30 h Música | 4,00 €

Jorge Retamoza & Tango XXX (Tango / Arxentina)

Quinteto de tango liderado polo saxofonista Jorge Retamoza formado no ano 1990, no que inicia unha exploración de alguén que vindo dunha escola jazzística ofrece a súa propia versión dun Buenos Aires actual.

Teñen catro CDs no mercado (Tango XXX, Violentango, Policial Argentino e Balvanera), Ofrecen composicións orixinais, versións de Piazzolla e Rovira, máis algún clásico nun conglomerado que agora comeza a coñecerse baixo o nome de música post-Piazzolla.

As obras creadas e interpretadas por este quinteto son unha mostra das posibilidades estéticas da chamada música cidadá.

Compoñentes

  • Jorge Retamoza, saxo
  • Germán Martínez, piano
  • Alejandro Szabo, bandoneón
  • Daniel Míguez, batería
  • Lisandro Fiks, contrabaixo

Visita a web de Jorge Retamoza & Tango XXX