Sábado 5 decembro de 2009 • 22:30 h Música | 5 € ou abono
Pablo Guevara y Trio Djelem (Flamenco / Fusión, Granada)
“Djelem” significa “anduve” en caló. Ten un significado persoal para Pablo Guevara, guitarrista nado no sur do Brasil, fillo de pai xitano, que medrou escoitando toda a diversidade musical do país onde naceu e criou, embruxado dende a súa nenez polos sons negros do flamenco. Djelem broutou das súas composicións, que traducen o seu “trajinar” sin botar mans de palabras, apenas da “bajañi” e do arte dos seus compañeiros, partes imprescindibles do universo dese músico que non se considera solista, en absoluto. Djelem reflexa a erráncia como forma de abrazar todos os camiños, absorver as súas cores e matices e converter a todo iso nunha música conciente das tradicións, e a súa vez libre delas; unha música orfa de influencias e errante por natureza.
- Pablo Guevara: Composición e guitarra
- Jose Rocha: Violoncelo
- Célia Plaza “La Puri”: Flauta
- LAR Legido: Percusión flamenca