Domingo 3 xaneiro de 2010 • 21:00 h Música | 6 € OU ABONO

Zenzar (Rock/ Alternativa/ Punk, A Coruña) + Machina (Rock/ Metal, A Coruña)

Zenzar é un grupo de “rock” (a secas) formado en Meirama- Cerceda a finais de 1987. Rock contundente en Galego. Teñen cinco discos oficiais, e o último que nos veñen a presentar “A Tribu”. 13 temas rockeiros, estilo Zenzar, con arroutadas punks, heavys e tradicionais. Falan das súas raíces nunha aldea que esmorece, da súa condición de Galegos sen complexos e dos seus inicios xa fai máis de 20 anos. A súa intención e seguir dando guerra… e veñen o Aturuxo a mostrárnolo.

http://www.myspace.com/somoszenzar

Machina veñen cunha intención clara que é descargar unha boa dose de Metal? Rock? Punk? Hardcore?… máis ben, “post-bravu”. Machina son Gonzalo Grela, Ángel Iglesias, Martin Loureiro e Anxo Sánchez e levan dende abril do 2006 percorrendo os escenarios de toda Galicia, con a penas un cambio, Mahi deixounos no 2007 e Ángel ocupou o seu lugar. A súa filosofía trata máis do día a día e da superación de metas, tanto persoais como musicais, polo que non importa moito que foi Machina, se non máis ben o que será.

http://machinagz.com/