Sábado 20 febreiro de 2010 • 22:30 h Música

Mamba Beat (Disco/ House/ Electro/ Funk, Euskadi)

Mamba Beat nace en Bilbao no 2006. Presentan unha fórmula máis salvaxe e actualizada do acid-jazz, bautizada como House- Funk, o irmán xoven e enérxico do acid-jazz: electrónica de nova concepción, baixos e bombos que atrapan, ritmos funkys frenéticos, viaxes étnicos da man do worldbeat, descargas de jazz e latín, metais que arden, voces rotas… todo o servicio do ritual na pista de baile.

7 euros ou abono

http://www.myspace.com/mambabeat