Domingo 28 febreiro de 2010 • 21:30 h Humor

O TURISTA MADRILEÑO (Humor, Galicia)

O TURISTA MADRILEÑO, interpretado maxistralmente por Evaristo Calvo, é unha creación de Zopilotes, trío composto polos guionistas Andrés Mahía, Carlos Ares “Parrocho” e Xosé Castro “Pato”, artífices de AIR GALICIA, programa de humor emitido durante varias tempadas na Televisión de Galicia e gañador do Premio Mestre Mateo á mellor serie do audiovisual galego en 2008.

Tras percorrer a xeografía galega en cromas imposibles, O TURISTA MADRILEÑO regresa co seu característico polo rosa, faldriqueira e gorra de España, para mostrar o seu particular visión do pobo galego polos cafés, pubs e salas de toda Galicia (e alá onde queiran escoitalo, claro está, pois como bo orador sempre ten algo que dicir, aínda que non teña idea de nada).

Evaristo Calvo inicia a sua actividade como actor profesional no ano 1988. Desde entón compaxina os traballos de actor, tanto no teatro como no cine e na televisión, cos de autor e director de escena no teatro, e os de guionista de televisión. Cofunda con outros profesionais as compañias Ollomol Teatro Submarino, Ollomol Tranvia e Mofa & Befa.

6 euros ou abono

http://www.youtube.com/watch?v=wIObkmrv2rA