Domingo 14 marzo de 2010 • 21:00 h Música
Mala Herba (O Morrazo)
Este trío traballa moita composición propia e tamén temas tradicionais adaptados ó seu estilo, nunha viaxe por diversos ritmos e influenzas, de Galiza e de fóra, que pasa por muiñeiras, pasodobles, mazurcas e danzas, ata sons balcánicos, valses, tangos, rumbas ou danzas búlgaras. Cunha formación na música tradicional e de xeito autodidacta, en grupos como Violia, o acordeonista Sergio Cobos asina boa parte do repertorio. Na zanfona atopamos a Cayetano Amenábar e do violín encárgase Xacobe Lamas, ambos os dous instrumentistas que comenzaron interpretando música clásica ó abeiro dos conservatorios.