Venres 26 marzo de 2010 • 22:30 h Música

Keima (Punk/ Rock, Cangas)

Venres, 26 marzo de 2010 • 22:30 h | Música | 4 €

Keima xurde a partir da banda canguesa de punk-hardcore Keimakasas, que sonou e se estiguíu alá pola década dos noventa. Xa no século actual, pasados trece anos desde o seu último concerto, no ano 2008, vólvense xuntar para tocar no local da asociación cultural “A Tiradoura”. A partir de este momento e como consecuencia da marcha do vocalista, Manu Gandón, Pablo (baixista), encargarase da voz. A banda actualmente esta formada a partires dunha idea antiga (keimakasas). Cancións con quince anos de idade comparten escenario con novas composicións. Temas en todo caso cun son contundente altamente distorsionado que non da pé á relaxación.

http://www.myspace.com/keimakasas