Domingo 25 abril de 2010 • 21:00 h Música

Abril Fado Atlántico (Fado/ Tango, Ferrol)

Abril Fado Atlántico é un proxecto musical de fado e outras músicas relacionadas coa cultura atlántica galego-portuguesa que experimenta sobre a fusión das influencias europea, indíxena e africana que deron como resultado estilos propios e definidos como o fado, o tango ou o chorinho. Daniel Adzemian, guitarrista (guitarra portuguesa, coros, dirección musical) de orixe arxentino, é o líder deste proxecto no que a música é a principal protagonista, mostrándonos a cara “cara oculta” – e sen dúbida a máis interesante en canto a súa diversidade – da cultura musical galego-potuguesa. O elenco de ABRIL o completan o valenciano José Calabuig – Guitarra Clásica (viola de fado) e saxofón ,Dani Perez, contrabaixista e a voz de Noelia Santos.

6 € entrada

http://www.myspace.com/abrilfadoatlantico