Domingo 11 abril de 2010 • 21:00 h Música

El Cubo (Rock, Porriño) + Pülsar (Rock, Alternativa, A Coruña)

El Cubo (Rock, Porriño)

A banda porriñensa de rock El Cubo, están a punto de estrear o seu novo traballo “La Marcha de las Hormigas”, o seu terceiro disco de estudio, un traballo no que se conxugan forza, calidade e boas ideas a partes iguais. Temas que darán sen dúbida moito que falar. El Cubo conta con dous discos editados. O longo da súa carreira (que comezou no ano 2001), a banda compartiu escenario con grupos como Macaco, Siniestro Total, Sex Museum, Sugarless ou Dismal entre outros.

http://www.myspace.com/elcubomusic

Pülsar (Rock/ Alternativa, A Coruña)

Pülsar mostrase como unha banda sincera e directa. Sen luxos nin artificios móvense con total liberdade sobre o rock máis enérxico. Aínda que tamén soan a post hardcore, a alternativa incluso a experimenta… Os anos déronlles madurez e así nos presentan o seu disco debut, un disco sólido e sinxelo que busca a toda costa naturalidade. Hoxe nos propoñen un directo cargado de intensidade, realidade e emoción o que todos estamos convidados veñamos da casa que veñamos.

http://www.myspace.com/pulsarband

6 € entrada