Domingo 20 xuño de 2010 • 21:30 h Música | 5 € ou abono
Balea's Blues Quintet (Blues, O Morrazo)
O blues son as raíces, the blues are the roots, dicía o grande contrabaixista Willie Dixon. Todo o demais é froito. E sen dúbida o blues será o grande protagonista e o fío condutor da proposta que achegan ao Aturuxo os Baleas Blues Quintet. Dende clásicos do xénero até as sonoridades máis frescas do blues actual: as raíces mesturándose con froitos que saben a soul, a latin-jazz… Soarán temas do Eric Clapton, da Etta James, Norah Jones, Corinne Bailey, Scott Henderson, acompañados dalgúns arranxos propios de standards do jazz. A formación canguesa intégrana Nerea (voz), Gabi (guitarra), Moncho (baixo), Alex (piano) e Anxela (batería).