Domingo 19 setembro de 2010 • 21:00 h Música | 4 €

A Tuna Rastafari (O Morrazo)

A Tuna Rastafari é unha banda formada no Morrazo por compoñentes de diversas bandas locais que encontraron nesta formación un vínculo e un estilo que os une para disfrutar da música. Comezaron como grupo no ano 2005 con cinco compoñentes, que foron aumentando coa incorporación de novos instrumentos, como son os metais, conformando a banda actual de nove compoñentes. A Tuna Rastafari foi un dos grupos revelación do ano 2009 en Galicia tras tocar en numerosos festivais como a Festa da Prehistoria, Cultura Quente, Reperkusión entre moitos outros. Voltan o Aturuxo despois dunha tempada para volvernos a facer bailar coa súa descarga de enerxía, posta en escena e un comando de xente nova con experiencia.

http://www.myspace.com/atunarastafari