Sábado 18 setembro de 2010 • 11:30 h Danza
Curso Danza Africana
É unha modalidade dirixida a aquelas persoas interesadas no exercicio rítmico, enerxético, e liberador. A súa música é o son máis ancestral; o dos tambores e ofrécelle ao corpo a oportunidade de vibrar e de gozar co movemento.
A danza africana está asociada ao son dos tambores. Ao bailar transformamos a súa música en movemento. “A percusión é unha linguaxe: os instrumentos falan. O ritmo flúe por brazos e pernas, e do interior sae unha enerxía de ánimo ledo que nos axuda a liberar todas as tensións que levamos dentro”.
Calquera persoa pode aprender a bailala, máis para iso precisa coller a conciencia de cada unha das partes do corpo que posuimos. “Saber danzar é en primeiro lugar, e sobre todo, coller conciencia do teu corpo e seres capaz de importe certos movementos, certos acenos, en harmonía cun ritmo musical dado”.
Imparte o obradoiro: Cristina Málvarez
Coñeceu a Danza Africana con Germaine Acogny no State Internacional de Dansa Moderna i Jazz de Anna Maleras (Sitges 1991). Ao pouco tempo marchou a Senegal onde mantivo contacto directo coa cultura e a danza tradicional africana. Continuou a súa formación con diversos cursos realizados por mestres de Ghana, Costa de Marfil, Angola, Togo, etc. E iniciouse tamén nos ritmos afrocubanos e afrobrasileiros. Na actualidade imparte clases en Vigo e Pontevedra, e traballa no proxecto artístico: Mesturas danza.
18 de setembro dende ás 11h30 ata ás 13h30. 15 € por curso. Contacta no email: info@aturuxo.net ou nos tlfs: 658 93 75 56 (Cris) ou 679 61 26 55 / 625 91 00 63 (Aturuxo)