Domingo 24 outubro de 2010 • 21:00 h Música | 5 € ou abono

Why Go (Rock/ Progressive, Vigo) + Indignu (Alternativa/ Rock, Braga, Portugal)

Why Go (Rock / Progressive / Experimental / Vigo)

Esta banda viguesa leva toda unha década elaborando traballos con aclamadas críticas, tanto por polo público como por medios nacionais e internacionais. Algún dos seus traballos foi editado en netlabels Trastienda Ediciones Virutales e a excéntrica Mastertoaster Recordings de Barcelona, entre as que suman máis de 8000 descargas da súa última maqueta. No seu novo disco proponen un cóctel que, sen olvidar os elementos do rock clásico, trata de explorar outros terreos, incluindo ventos, progresións imposibles ou utilizando a voz como un instrumento máis.

http://www.myspace.com/whygomusic

Indignu (Alternativa/ Rock, Portugal)

Indignu é unha banda de Barcelos (Braga, Portugal) formada por Afonso Dorido, Jimmy Martins, Paulo Ketas e Mateus Nogueira. O seu novo disco “Fetus in Fetu”, con 11 temas distintos, descomprometidos, cada un coa súa historia e bastante emocionais na súa xeneralidade. Rock, que tanto nos conduce por fortes ambientes sonoros como nos leva a viaxar suavemente por paixases idílicas.

http://www.myspace.com/indignu http://indignu.blogspot.com/