Domingo 5 decembro de 2010 • 21:00 h Música | 8 € ant / 10 € taq.
Hola a todo el mundo (Folk/Pop, Madrid)
Tomando prestado o título dun poema de Walt Whitman como nome da banda, Hola a todo el mundo nace na primavera do 2006. Ensaiando na casa, redondeando instrumentos, dan forma ás súas primeiras composicións. Cancións longas, cheas de diferentes pasaxes, que como unha viaxe progresan de forma cambiante par nunca volver atrás. No ano 2007 gravan a súa primeira maqueta nos estudios Heartroom de Madrid. E un ano máis tarde debutan na Sala Sol como teloneiros do grupo sueco Club 8. Comeza a súa andadura en directo, tocando, con tan só un puñado de cancións en myspace, no Festival de Outono da Coumunidade de Madrid no Wintercase 2008, ou no Primavera Sound 2009 entre outros. En abril de 2009 foron elixidos pola revista MondoSonoro como unha das tres mellores bandas madrileñas debutantes. Neste ano 2010 sae a venta o seu primeiro disco, autoeditado no seu propio selo.