Xoves 2 decembro de 2010 • 21:00 h Cine

"Os ronseis do salitre" documental realizado polos alumnos do IES Monte Carrasco de Cangas

A Semana Cultural Furtiva ten o seu paso polo Aturuxo cun documental sobre o pasado conserveiro de Cangas a través dos ollos do alumnado do IES Monte Carrasco e das testemuñas de ex traballadoas. Iso é o que ofrece “Os ronseis do salitre”.

Das aulas de Primeiro da ESO a todo o instituto, e de aí a converterse nunha mostra a nivel de Cangas. Baixo o título de “Ronseis do salitre” o documental fai un repaso da recente historia conserveira do municipio.

O documental explica todo tipo de cuestións relacionadas coa industria conserveira, pero dende a perspectiva das persoas que o viviron.