Domingo 20 marzo de 2011 • 21:00 h Música | 6 € ou abono
Pianobomba (Experimental/ Psychobilly, Granada)
Pianobomba é un artefacto musical formado para aliviar a necesidade de crear, interpretar e compartir as melodías que xorden dos corpos do “Joven Isaac” e de Marta P. Corchs, os seus compoñentes fundadores. Ganchos e retrousos pegadizos mestúranse con harmonías circenses, cabareteras e as veces dramáticas. A variedade estilística nos temas fan que se expoñan o mesmo tempo a razón e a tolemia, o mal gusto e o exquisito, a grandilocuencia e os tacos. Para presentar a estes contrarios sérvense duns personaxes en loita consigo mesmos, perdedores ou alporizados. Arranxos electro-pop de vocación cromática e moito rock’n’roll. Cancións para rirse da autocompasión. Referencias á desinteresada elegancia de Bowie na voz do “Joven Isaac”, aceno cómplices o humor dos B-52, o histrionismo de Screamin’Jay Hawkins e a forza devastadora de Tom Waits.