Domingo 27 marzo de 2011 • 21:00 h Música | 6 € ant / 8 € taq.
Mazgani (Alternativa/ Indie, Portugal)
Mazgani é un cantante e compositor portugués que comezou a súa carreira en Setúbal no verán de 2004. En 2006, Mazgani foi considerado pola revista francesa Les Inrockuptibles como un dos 20 mellores artistas europeos. O seu álbum debut, Song of the New Heart (2007) inclúe 13 cancións interpretadas en inglés. Un debut aclamado pola crítica especializada, con grandes cancións, de belas melodías e unha poesía que dificilmente se encadra no feito de ser un primeiro disco. Banda formada por Shahryar Mazgani (vocalista e guitarra acústica), Sérgio Mendes (guitarra), Pedro V. Gonçalves (guitarra), Victor Coimbra (Contrabaixo) e Joao Vitor (batería).