Domingo 10 abril de 2011 • 21:00 h Música | 6 € ou abono

Aló irmão (World Music, Galiza - Guiné-Bissau)

A música actual está de noraboa da man do dúo que integran Fran Pérez, alma mater do grupo Narf, e o africano Manecas Costa, dous grandes guitarristas e cantantes que se unen para presentarnos o proxecto ‘Aló irmão’.

En ‘Aló irmão’, o potente latexo africano de Manecas Costa únese ao incansable espírito aventureiro do galego Fran Pérez, e desta chispa xurde un cúmulo de ideas que dan luz a un torrente de sensacións. Trátase dun conxunto de novas cancións compostas en exclusiva para este proxecto coa harmonía dos que queren entenderse, e celebrar con ledicia a diferencia.

Intérpretes ambos de músicas do mundo, procuran encontrar xuntos o punto equidistante entre dúas personalidades de profunda identidade. Os seus respectivos universos musicais parecen, pois, destinados a entenderse nunha complicidade íntima nacida da mutua admiración, respecto e talento.

Os dous cantantes e as súas duas guitarras son todo o necesario para dar forma a ‘Aló irmão’, onde se da cabida á música innovadora para o mundo de hoxe, a que los artistas entenden que “soa con unha sola voz,: a da emoción, a que non coñece mais fronteira que a do aire para vibrar; esa voz que fala directamente ao corazón, en galego, en criolo, en portugués, en machopi ou en inglés”.

http://www.aloirmao.com