Venres 15 abril de 2011 • 22:30 h Música | 5 € ant / 7 € taq.
The Tracii Lords (Rock&Roll, Vigo) + No Smoking on Board (Rock/Surf, Porto)
The Tracii Lords xerme de tres ex-membros de The Fishfuckers con anos ás súas costas tocando xuntos forman The Tracii Lords. Una banda con influencias tanto do continente Americano, da man de Lazy Cowgirls, como de lonxanas terras escandinavas; acordes que te farán buscar entre a colección os primeiros discos de The hellacopters ou Dr. Fleegood xa que o seu son está a cabalo entre o High Energy e o Rock’n’Roll máis británico. Este proxecto comeza a súa traxectoria a principios do 2010 onde J.L. Lord, Johnny A. e Pannizo comezaron a dar forma a este power-trio á vella usanza; guitarra, baixo e batería, quen che darán un directo cheo de macarrada pero con moita, moita clase.
No Smoking on Board é unha banda de Porto, que explora as sonoridades do Surf/Rock&Roll típicas dos anos 50 e 60, vocal e instrumental. Ten un repertorio constituído por temas orixinais e versión. Formada por Carlos Ariz o baixo e a voz, Filipe “Paganini” a batería, Oscar Gomes a guitarra, Pedro Moreira, voz e guitarra e Toze Ferreira, guitarra e voz.