Venres 22 abril de 2011 • 22:30 h Música | 6 €

Inside The Wall (Homenaxe a The Wall de Pink Floyd , Galiza)

A idea orixinal nace de Nardo Pérez que, tras o final dos proxectos (grupos de progresivo) In Nómine e Versus a raíz do proxecto de concerto homenaxe a Beatles, decide homenaxear o álbum de rock progresivo máis importante de tódalas épocas: The Wall de Pink Floyd. Xunto o seu álter ego Rúben, técnico de son nos seus anteriores proxectos, comeza a tarefa de crear a banda. Na súa búsquea dos membros do grupo encontrase por un lado a David Monteiro, guitarra do grupo Venus Garden, a Pablo Abreu que non tocaba dende fai máis de quince anos, Esteban Amorín, guitarra en Versus e a Christian, baixista do grupo vigués Jit. Mentres tanto, noutro lugar do planeta, Roger Watters decide tamén pola súa conta iniciar unha xira mundial co mesmo fin, The Wall Lice. Coa xustificación do 30 aniversario, que en realidade foi o 30 de Novembro de 2009, a súa xira coincidirá co seu proxecto xa que chegará a Europa os días 21 e 22 de Marzo para sendos concertos en Lisboa. Benvidos á festa THE WALL!!!

http://www.facebook.com/pages/Inside/165616793461916