Domingo 8 maio de 2011 • 21:00 h Teatro | 5 €

JAS (Jalisian Alternatif Spors) (Teatro, Galiza)

JAS (Jalisian Alternatif Spors)

Teatro de Cadaquén ó longo da súa historia estivo sempre moi relacionado co mundo deportivo. Presentou e amenizou galas do deporte, participou na inauguración de infraestructuras, e encárgase ano tras ano de poñer “patas parriba” os 10 kms Cidade Universitaria.

Contaxiados pola febre dos últimos éxitos deportivos e contando co elenco máis en forma da esfera teatral galega, damos un pasiño máis e poñémonos o pantalón curto para xogar co deporte enriba do escenario.

JAS, como o seu nome indica, é un espectáculo con moita chispa. Un auténtico disparate cómicodeportivo deseñado para sorprender e esternicarse da risa.

Elenco Sergio Casás, Manuel Chapela e José Calvar

Música e Iluminación Anxo Lourido e Oscar Cerqueira

Atrezzo e Vestiario Diego IgLe, María Menduiña e Manuel Chapela

Infografía Millán Dasairas

Producción Manuel Chapela

Dirección Anxo Lourido

Idea orixinal, guión e todo o que se vos ocurra… Teatro de Cadaquén

es-es.facebook.com/…/Teatro-de-Cadaquen/100001838380799